top of page

LEGO WE DO 2.0

Recentemente o centro mercou dous kits de LEGO® Education WeDo 2.0 co obxectivo de implementalo nas aulas para o ano que ven.

LEGO® Education WeDo 2.0 é a esperada nova versión do exitoso LEGO WeDo. É un kit da familia Lego Education composto por 280 pezas do tipo LEGO que nos permitirá construír figuras tradicionais. Á súa vez, dispón dunha serie de pezas que permiten a conexión da nosa construción a un ordenador ou tablet para programar o comportamento e así dotalo de movemento. A proposta céntrase en traballar na Educación Primaria coas ciencias engadindo uns beneficios moi interesantes: É sen fíos: Milo, o robot explorador, agora pode moverse libremente sen a limitación do cable. Deseño renovado: as pezas teñen formas e cores realmente atractivas A través da súa proposta de actividades aborda contidos curriculares como ciencias naturais, física, terra e espazo, enxeñería ...

Lego wedo 2.0.jpg
bottom of page