top of page

Un proxecto de iniciación á robótica arredor de Mbot en 5º. Para isto, levamos a cabo unha serie de sesións semanais programadas en 5º para traballar aspectos básicos de programación mediante pequenos retos e/ou actividades organizadas en nivel de dificultade crecente para traballar o pensamento lóxico e computacional con Mbot.

2. Proxecto de Lego Wedo en 3º. O proxecto en si consistiu en traballar o mundo da robótica dende unha perspectiva lúdica e interdisciplinar utilizando o material de Lego Wedo. A nivel de temporalización, este proxecto levouse a cabo ao longo do terceiro trimestre na aula de 3º nunha sesión semanal coa realización de diferentes proxectos de construción baseados na APP de lego onde de forma guiada o alumnado desenvolveu diferentes retos marcados dentro da APP. Unha vez finalizado o proceso de construción de cada proxecto e despois de seguir as indicacións marcadas pola APP da tablet, o alumnado tivo que realizar unha última parte de programación dentro da APP baseado na linguaxe computacional para finalizar cada práctica. Este proceso realizouse en grupos de 2/3 alumnos, polo que o seu nivel de implicación nas actividades foi bastante grande e polo tanto produtivo e enriquecedor.

3. Taller de makey makey. O proxecto de creación musical basado na utilización da placa makey makey foi enfocado ao alumnado de 4º mediante un taller de experimentación e creación musical co obxectivo de traballar mesturadamente aspectos básicos de programación xunto con aspectos melódicos a nivel musical. O taller en si tiña como obxectivos coñecer os aspectos básicos de funcionamento da placa e aplicalos na práctica cun piano dixital. Desta maneira, o alumnado montou todo o sistema de conexións e unha vez feito isto, organizou auditivamente os sons de cada cable para facer un piano humano. Por último, o alumnado tiña que ser quen de construír unha melodía coñecida utilizando todos os pasos previos.

bottom of page