top of page

Ao longo deste curso 2021-22 levamos a cabo unha serie de actividades e prácticas utilizando diferentes recursos e materiais robóticos. Así, en infantil comezamos a traballar con Qobo un robot que introduce aos máis pequenos na linguaxe computacional dunha forma moi lúdica. Por outro lado, en primaria introducimos os xogos de mesa e programación tamén dunha forma práctica e divertida e tamén diferentes actividades  utilizando a placa makey makey. O alumnado de 5º e 6º dado que están no proxecto edixgal, realizaron diferentes prácticas co robot Mbot e algúns dos seus sensores para traballar o pensamento lóxico e computacional e tamén co deseño e impresión 3D utilizando o programa de deseño Tinkercad. A continuación pódese ver un pequeno resumo destas actividades.

bottom of page