top of page

Para ver os vídeos das actuacións fai clic no menú superior e selecciona o curso.

Xela Arias Castaño, naceu en Lugo en 1962 co nome de María de los Ángeles e en 1984 converteuse en María dos Anxos e dende os seis anos chamárona Xela. Ata os 7 anos estudou na Granxa de Barreiros, cunha orientación agraria e integración da cultura galega cos ciclos da natureza. Máis tarde trasladouse a Vigo coa súa familia, entrando no Instituto Castelao. Deixou os estudos cando estudaba COU, para comezar a traballar en Xerais de Galicia como empregada de oficina e despois como editora. En 1991 retoma os seus estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose en 1996 na Universidade de Santiago de Compostela e comezando unha especialidade en galego-portugués. No curso 1999-2000 comeza a traballar como profesora suplente de educación secundaria. Nos seus últimos anos de vida foi profesora en diferentes concellos galegos, como Chapela, A Guarda e Vigo. En novembro de 2003 Xela Arias morreu aos 41 anos por un infarto.

Vida e obra facendo clic na imaxe

xela 2.jpg
bottom of page