Ao longo desta semana, o CEIP Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) realizou un obradoiro de “ecopercusión” para TODO o alumnado do centro (250 alumn@s), dende os 3 anos ata 6º de E.P. O obradoiro foi impartido por Didier, un mestre de percusión cubano e ten como base a re utilización dalgúns obxectos e materias como cubos de pintura, útiles de cociña, bidóns… dende un punto de vista musical como elementos sonoros para integralos de forma conxunta mediante ritmos de batucada. Así, ao longo de varios días, cada unha das clases realizou o seu obradoiro tal e como se das pezas dun puzzle se tratara e unha vez rematado con todos os grupos realizouse unha exhibición de todo o alumnado do centro de forma conxunta e integrada.
Este obradoiro ten a particularidade de ser unha actividade enfocada ao gran formato, así que nesta ocasión quixemos facela extensible a toda a comunidade educativa e por este motivo invitamos a participar ao profesorado, a todas as mamás e papás que quixeron involucrarse. Para poder integrar ás familias, realizouse un ensaio para pais, nais e mestr@s tamén nesta semana cunha participación de 50 persoas aproximadamente. A actividade foi gratuíta e todo o material necesario foi aportado polo centro.
O obxectivo desta actividade foi traballar o eido rítmico e musical dunha forma globalizada con toda a comunidade educativa mediante a interpretación da batucada que se foi montando ao longo da semana nas diferentes aulas e nos grupos de familias e mestr@s.
Para ver os obradoiros de cada clase, preme no menú superior.